EDIFICIO DEPORTIVO
Está composto de diversas infraestruturas para distintas actividades. A principal é a piscina cuberta, de 25 m x 8 m, con 6 estaxes dispoñibles.
Posúe tamén dúas pistas regulamentarias de squash e dúas áreas de polivalentes para musculación, aparatos de cardio e sala de actividades.
Tarifas

EDIFICIO MIRALLES
Antigamente denominado "Edificio Aulario", consta de cinco módulos con diferentes despachos e salas, repartidas do seguinte xeito:
Módulo 1. Salas para representantes estudantís e agrupacións e asociacións universitarias
Módulo 2. Despachos do Vicerrectorado de Extensión Universitaria
Módulo 3. Despacho da ORI (Oficina de Relacións Internacionais)
Módulo 4. Consello Social e sala I de conferencias
Módulo 5. Salas II a IV de conferencias
A praza que lle dá nome ao edificio, a Praza Miralles, é un lugar idóneo para a realización de concertos e representacións. Polas súas escaleiras circulares en forma de bancadas, resulta un verdadeiro teatro exterior onde La Fura dels Baus reuniu 3.000 persoas o día da inauguración da praza.

PISCINA OURENSE
Dende inicios de 2007, a sociedade Cidade Universitaria, S.A. está a promover a construción dunha piscina no campus de Ourense para ampliar os servizos deportivos do campus da cidade. A piscina estará inaugurada na primavera de 2008 e conterá dúas piscinas de 25 m x 16 m e de 16 m x 8 m, cunha sala polivalente de 110 m2 para servizos diversos, á parte, por suposto, de vestiarios e salas de espera e de servizos para os visitantes.