Nesta zona, dividida en dúas partes diferenciadas, instálanse os locais comerciais que dotan de servizos a comunidade universitaria. A primeira delas está composta por locais de servizos e oficinas, e na segunda, cuberta cunha gran zona de restauración con terraza común, intégranse os locais de hostalería.

Todo o lateral da praza o conforman locais como o Hermafer, o café Universitas, con actuacións e todo tipo de xogos, a papelería Carlín, coa tenda universitaria incorporada, o supermercado do campus, varias oficinas, o Quiosco Periquete, onde ademais se poden facer quinielas e todo tipo de loterías, a librería Martín Codax, un lugar para perderse entre libros, a Axencia de Viaxes Barceló, que dá servizo tamén aos congresos que se realizan no propio campus, os bancos Santander e Caixanova, que atenden a demanda particular e universitaria, a Cervexería café Colorado, cun particular ambiente de reunión, máquinas de vending para atender toda a demanda económica e fóra de horarios, unha caixa de correo de recollida diaria de correos que axilice os trámites, un fotomatón para asistir aos que necesitan matricularse, a Cafetería Reca para comidas e demais servizos, o Restaurante Batracio, de menú económico e comida caseira, e a Bocatería Papos, que dá calidade e rapidez ás comidas universitarias. Arredor do centro comercial están os servizos universitarios nos dous edificios do Reitorado e o Edificio Miralles para realizar calquera xestión necesaria.

Area Comercial