Español l Galego  
 
 

Cidade Universitaria, S.A. (CUSA) nace dun acordo político entre a Universidade de Vigo, Caixanova, Zona Franca de Vigo, Concello de Vigo e Deputación Provincial de Pontevedra a comezos de 1999, coa idea de realizar un ambicioso proxecto construtivo dirixido polo arquitecto E. Miralles e coa finalidade de remodelar o campus, humanizalo e dotalo de servizos variados, co obxectivo último de facer e construír unha cidade universitaria. Naquel momento, E. Miralles era un dos arquitectos españois con maior repercusión e prestixio internacional, con obras como o Pazo da Música de Hamburgo, o Concello de Utrecht, o Parlamento de Edimburgo ou a Universidade de Venecia. O ano anterior recibiu o primeiro premio da bienal de Venecia.

O 20 de xullo de 1999, EMBT Arq. Asoc., S.L. (Enric Miralles & Benedetta Tagliabue) asina un contrato de servizos de arquitecto con Cidade Universitaria, S.A. (CUSA).

Na actualidade incorporáronse dúas institucións máis, a Deputación de Ourense e o Concello de Ourense.